miércoles, 17 de julio de 2013

25 aniversario Casa da Cultura Ramón Martínez López



FICHA TÉCNICA DA OBRA:
Título e ano: "A través...", 2013
Técnica: Bordado de seda sobre gasa
Dimensións: 230 x 120 cms

(Foto de Dani Gestoso)

TEXTO SOBRE A OBRA:
Fai pouco lin un relato de Jacques Aumont no que narraba unha conversa entre o teórico Ruskin e o artista Whistler que para min exemplifica boa parte do que significa facer e comunicar a través da arte:

< R: Veamos, señor Whistler, ¿puede decirme cuánto tiempo ha invertido usted para despachar este nocturno?
W: Bueno, por lo que recuerdo, un día más o menos...
R: ¿Sólo un día?
W: No lo afirmaría con seguridad; quizá lo haya retocado al día siguiente [...]
R: Ah dos días! ¿Así que por el trabajo de dos días pide usted doscientas guineas?
W: En absoluto; las pido por el saber que he adquirido por toda una vida. >

En efecto, o saber de toda unha vida, toda a formación e divulgación adquirida, é o que nos converte no que somos como persoas, como comunicadores, como investigadores e como artistas. Este é o traballo que a casa da cultura Ramón Martínez López ven realizado dende os seus comezos. Para min, este edificio, pero tamén os seus xerentes forman parte do saber e da formación que todos nós levamos no noso interior.
Neste punto cómpre engadir que a miña traxectoria artística levoume a traballar co procedemento da costura como una forma de pintar, esculpir e debuxar con fíos. O bordado introdúcese nos anos 70 no arte contemporáneo, das mans das artistas feministas do momento en forma de reivindicación política; na era posmoderna convértese nun procedemento máis que forma parte das técnicas artísticas. O bordado perde o seu componente político de tradición feminina para converterse, cas novas xeracións, nunha forma de facer poética, con resutados táctiles, pictóricos e plásticos.
Nesta peza, “a través…”, represéntase a Casa da Cultura vista dende a miña propia mirada, un velo do que son agora e hoxe. O debuxo en seda representa una traxectoria que a agulla vai construíndo ao seu paso, unha pintura en forma de recorrido, o meu recorrido, a miña visión, o saber adquirido por toda una vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario