martes, 17 de abril de 2012

Arte Barbanza 1980


“Unha mostra reúne en Riveira aos novos artistas barbanzáns”
Mostra artística na comarca.

Baixo o título “ARTE BARBANZA – 1980” 13 artistas nados arredor dos anos 80, que residen na Barbanza ou que se moven polo entorno desta bisbarra, dialogan nunha mostra colectiva.


Neste encontro será posible ver propostas de fotografía, pintura, gravado, escultura, instalación... que xiran ó redor da visión que os distintos creadores teñen co seu entorno e co momento que lles tocou a vivir. Un constante constituírse no tempo e en diálogo cos outros, coas circunstancias externas e co propio interior, un recordo, unha experiencia ou unha fisura, un afincamento xeográfico, de procendencia e orixe, unha dualidade, un desdobramento, ou un camiño aberto en múltiples direccións… son algúns dos aspectos a través dos cales abordan este punto de partida no comezo da súa andaina artística.


Esta xeración aposta por un cambio na arte, ben a través do redescubrimento da cor ou forma e das súas conexións simbólicas cos resultados visibles na peza artística contemporánea, ou ben aboga por aquelas cuestións conceptuais que se inician ca desmaterialización, e se enmarcan neste periodo coñecido como posmodernidade.


Entre os artistas participantes desta mostra encontranse o dúo artístico Oscar Lot e Loli Regueira, a parella de performers formado por Manú Mimé e Paulova, María Magán membro do colectivo L.I.B.A, José Caamaño dos xovenes escultores participantes na mostra Encontros-Encounters realizada en Nova Iorque, Iria Araújo, Inés Sánchez Díaz-Marta, Pili Sampedro Lampón, Irene Saíñas, Da Dápobra, Santi Gabán e Isabel Soler Rivas.


ARTE BARBANZA 1980


Do 18 de Abril o 11 de Maio.

Inauguración: Mércores 18 de Abril as 20.00h no Auditorio Municipal de Ribeira.

Avenida Miguel Rodríguez Bautista, 24, 15960 Ribeira 981 83 56 50 ‎

No hay comentarios:

Publicar un comentario